Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Eléctrica de Catoira, S.A.
Domicilio social: Gondar, 36612 Catoira.
Denominación: L.M.T. e C.T. Fontán-Gondar.
Situación: Catoira.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 385 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde a L.M.T. ó C.T. Gondar ata o C.T. que se proxecta en Fontán-Gondar, concello de Catoira. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 25 de xuño de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra