Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 03 de agosto de 1999 Páx. 9.949

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/74-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de

execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Euro Vento, S.L. Unipersonal

Enderezo social: Galeras 17-3º, 15000 Santiago de Compostela.

Denominación: L.A.T. 30 kV, SUB Paxareiras-P.E. A Ruña.

Situación: Mazaricos.

Descricións técnicas: liña eléctrica aero-subterránea de media tensión, a 30 kV, sobre apoios metálicos na súa parte aérea e baixo tubo, na subterránea, de 2.380 m de lonxitude, con orixe no parque eólico da Ruña do tramo aéreo de 2.140 m de lonxitude, con conductor LA-280, seguido de tramo subterráneo de 140 m de lonxitude, en conductor R.H.Z. 18/30 kV de 3(1x240) mm Al e final en celas de 30 kV de subestación Paxareiras. Mazaricos.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquer outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

A Coruña, 28 de xuño de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña