Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 03 de agosto de 1999 Páx. 9.942

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 1999 polo que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto e mediante concurso público, para a realización dun contrato de servicios para a extensión do modelo de transporte escolar en Galicia sobre a base da información territorial.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Xestión Orzamentaria.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: extensión da aplicación informática existente de xestión do transporte escolar en Galicia, sobre a base da información territorial.

b) Prazo de execución: data límite o 15-12-1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: oitenta millóns de pesetas (80.000.000 de ptas.), IVE incluído (480.809,68 euros).

5. Garantías.

Provisional: 1.600.000 pesetas.

Definitiva: 3.200.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Oficina de Información).

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Teléfono: 981 54 44 28.

e) Telefax: 981 54 54 43.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo III, subgrupo 3, categoría D.

b) Outros requisitos: especificados no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións será ata as 14 horas do día 6 de setembro de 1999.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sito nos edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela, ou por correo, conforme o establecido no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (sala de xuntas).

b) Domicilio: edificios administrativos, San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: 17 de setembro de 1999.

e) Hora: 12 horas.

10. Gastos dos anuncios: os gastos do anuncio serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio o Diario Oficial das Comunidades Europeas: 15 de xullo de 1999.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 1999.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria