Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 03 de agosto de 1999 Páx. 9.941

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 1999 polo que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto e mediante concurso público, para a realización dun contrato de servicios para a implantación dunha aplicación informática de xestión de centros docentes nos centros de ensino secundario de Galicia.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Xestión Orzamentaria.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: implantación dunha aplicación informática de xestión de centros docentes nos centros de ensino secundario de Galicia especificados no prego de prescricións técnicas.

b) Lugar de execución: nos servicios centrais da consellería e nos centros de ensino secundario.

c) Prazo de execución: tres meses (3 meses).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: vinteseis millóns de pesetas (26.000.000 de ptas.), IVE incluído, (156.263,15 euros).

5. Garantías.

Provisional: 520.000 pesetas.

Definitiva: 1.040.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Oficina de Información).

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Teléfono: 981 54 44 28.

e) Telefax: 981 54 54 43.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo III, subgrupo 3, categoría D.

b) Outros requisitos: especificados no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou festivo, o prazo entenderase prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 11 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sito nos edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15704, Santiago de Compostela, ou por correo, conforme o establecido no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (sala de xuntas).

b) Domicilio: edificios administrativos, San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 11.30 horas.

10. Gastos dos anuncios: os gastos do anuncio serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 1999.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria