Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 03 de agosto de 1999 Páx. 9.941

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 1999 pola que se convoca concurso para a contratación dunha asistencia técnica para o desenvolvemento da aplicación do Rexistro Central de Persoal.

1. Obxecto: contratación da asistencia técnica para o desenvolvemento da aplicación do Rexistro Central de Persoal.

2. Orzamento de licitación: 26.000.000 de pesetas, IVE incluído (156.263,18 euros).

3. Prazo de execución: 12 meses, contados desde a sinatura do contrato.

4. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá examinarse na Subdirección Xeral de Planificación e Coordinación Informática da Consellería da Presidencia e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita na Casa da Radio, s/n, San Caetano, en Santiago de Compostela.

As copias da documentación poderán solicitarse en Copy Nino, Xeneral Pardiñas, 2, Santiago de Compostela, teléfono: 981 58 89 38, mediante o aboamento do importe que corresponda.

5. Fianza provisional: 520.000 pesetas.

6. Fianza definitiva: 1.040.000 pesetas.

7. Modelo de proposición: o que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo nº 1 do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión de proposicións rematará ás catorce horas do día que resulte ó contar vinteseis días naturais a partir do siguiente ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

No exterior dos sobres expresarase o seguinte texto:

«Proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia para a contratación dunha asistencia técnica para o desenvolvemento da aplicación do Rexistro Central de Persoal, que presenta D./Dona... en nome... (propio ou da entidade que representa)».

9. Apertura de proposicións: en acto público, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia

e Administración Pública (semisoto do edificio nº 1 de San Caetano), ás trece horas do terceiro día hábil seguinte ó do peche de presentación de proposicións que non coincida nin en sábado nin en festivo.

O importe do anuncio relativo ó presente concurso será por conta do adxudicatario, que deberá aboalo con anterioridade á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 1999.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública