Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Martes, 03 de agosto de 1999 Páx. 9.943

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 15 de xullo de 1999 pola que se anuncia a licitación da contratación da subministración de software de base para o sistema de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, mediante a forma de concurso polo procedemento aberto.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Xestión Orzamentaria.

2.Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de licencias runtime de monitor de transacións.

b) Lugar de entrega: Servicios Centrais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

c) Prazo de entrega: no prazo máximo de tres semanas a partir da data de notificación da adxudicación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: trece millóns cincocentas mil pesetas (13.500.000 ptas.) (81.136,63 euros).

5. Garantías.

a) Provisional: 270.000 ptas.

b) Definitiva: 540.000 ptas.

6.Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Oficina de Información).

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Teléfono: 981 54 44 28.

e) Telefax: 981 54 54 43.

f) Data límite de obtención da documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: os señalados no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás 14 horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou festivo, o prazo entenderase prorrogado ata ás 14 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación.

1. Entidade: Rexistro Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ou por correo, conforme o establecido no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

2. Domicilio: edificios administrativos, San Caetano s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres(3) meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (sala de xuntas).

b) Domicilio: edificios administrativos, San Caetano s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Data: o décimo primeiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 13 horas.

10. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 1999.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria