Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 02 de agosto de 1999 Páx. 9.875

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 1999 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación de servicios dun equipo de apoio para as actuacións e actividades culturais que se van realizar no Teatro Colón no período do 1 de agosto ó 31 de decembro de 1999. (Expediente 99/7365 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: servicios dun equipo de apoio para as actuacións e actividades culturais que se van realizar no Teatro Colón no período 1 de agosto ó 31 de decembro de 1999.

Lugar de execución: Teatro Colón.

Prazo de execución: 1 de agosto ó 31 de decembro de 1999.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: ata 37.088.200 ptas.=222.904,57 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 1.483.528 ptas.=8.916,18 euros.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Teléfono: 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite. En horario laboral das 9 ás 13 horas, dentro do prazo de trece días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 21 de xullo de 1999.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña