Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 02 de agosto de 1999 Páx. 9.875

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso, con procedemento aberto, de asistencia á deputación para a contratación do control de calidade da obra incluída no Plan 2000, Estradas da Deputación 1997, 1ª fase.

1. Obxecto: o concurso ten por obxecto a contratación da asistencia á deputación para a contratación do control de calidade da obra incluída no Plan 2000, Estradas da Deputación, 1ª fase, que figuran a continuación cos orzamentos, garantías e clasificacións que se relacionan.

2. Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

3. Proposicións: poderán presentarse no Servicio de Patrimonio e Contratación, en horas das 9 ás 13, dentro do prazo dos trece días naturais que comezará a contar desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

4. O texto íntegro deste anuncio figura no BOP.

5. Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

A Coruña, 21 de xullo de 1999.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

ANEXO

Asistencia á deputación para o control de calidade da obra incluída no Plan 2000, Estradas da Deputación 1997, 1ª fase.

Denominación da obra

Lugar de execución

OrzamentoAnualidades da obra

que se vai dirixir

Prazo de execución da

obra que se vai dirixir

ClasificaciónGarantía

provisional

Garantía

definitiva

Lote 1

Variante na E.P. 2104 Carral-Meirama, tramo Meirama-As Encrobas, concello de Cerceda.5.114.042

30.736,01 euros

Ano 1999: 5.114.042

30.736,01 euros

O prazo de execución será o da construcción da obra ampliado nun mes máis para a realización dos traballos de probas finais.Non se esixe Non se esixe Non se esixe