Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 02 de agosto de 1999 Páx. 9.874

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 1999 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación da asistencia técnica para o desenvolvemento e a adecuación dos sistemas de xestión municipal ó ano 2000 e euro. (Expediente 99/6927 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: asistencia técnica para o desenvolvemento e a adecuación dos sistemas de xestión municipal ó ano 2000 e euro.

Lugar de execución: Deputación Provincial da Coruña ou lugares que esta indique.

Prazo de execución: do 1 de setembro de 1999 ó 31 de decembro de 1999.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: 2.650.000 ptas.=15.926,82 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 106.000 ptas.=638,07 euros.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Teléfono: 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite. En horario laboral das 9 ás 13 horas, dentro do prazo de trece días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 21 de xullo de 1999.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña