Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 02 de agosto de 1999 Páx. 9.874

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 1999 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación de servicios de acceso a bases de datos de lexislación, xurisprudencia e tribunais superiores para a Deputación Provincial da Coruña e concellos integrados. (Expediente 99/7123 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: servicios de acceso a bases de datos de lexislación, xurisprudencia e tribunais superiores para a Deputación Provincial da Coruña e concellos integrados.

Lugar de execución: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de execución: o servicio de acceso estará operativo no prazo dun día, contado desde a notificación da adxudicación do contrato, e por un período dun ano.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: 3.000.000 de ptas.=18.030,36 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 120.000 ptas.=721,21 euros.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Teléfono: 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite. En horario laboral das 9 ás 13 horas, dentro do prazo de trece días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 21 de xullo de 1999.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña