Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 02 de agosto de 1999 Páx. 9.866

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/28-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Sogama, S.A.

Enderezo social: Morzós, 10-baixo, As Encrobas-Cerceda, 15187 A Coruña.

Denominación: L.M.T. e C.T.I. para miniplanta de R.S.U. na Rúa.

Situación: A Rúa.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea espida a 20 kV de 684 m de lonxitude en conductor LA-56, con orixe na L.M.T. a C.T. de Roblido e remate no C.T. tipo intemperie da miniplanta de transferencia de residuos sólidos urbanos na Rúa con 100 kVA, R/T 20.000/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 6 de abril de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense