Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 02 de agosto de 1999 Páx. 9.866

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/20-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Orenquímica, S.L.

Enderezo social: Torán 3, 32690 Taboadela.

Denominación: L.M.T. e C.T. de 160 kVA.

Situación: Taboadela.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV sobre apoios de formigón pretensado reforzado de 122 m de lonxitude en conductor LA-56, con orixe na L.M.T. que vai da subestación do polígono de San Cibrao das Viñas a Allaríz e remate no C.T. aéreo con 160 kVA, R/T 20.000/380-220 V situado nunha parcela do peticionario en Torán (Taboadela).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 21 de xuño de 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense