Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 02 de agosto de 1999 Páx. 9.865

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (76/1999).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe e certifico que neste xulgado do meu cargo e baixo o nº 76/1999 se segue xuízo de faltas sobre insultos a axentes da autoridade no cal se dictou a sentencia que contén o seguinte encabezamento e decisión:

«Sentencia. Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo de faltas nº 76/1999, seguidos por desacato, sendo parte denunciante os axentes da Policía Nacional, nº 65.665, 74.138 e 74.356; aparece como parte denunciada Roberto González Bouzada, Jesús Luaces Davila, Ángel José Recenil López e Alberto Otero Roca, maior de idade, coa defensa latrada de Ana Isabel Álvarez Presas; o Ministerio Fiscal amosouse parte.

Decido que debo absolver e absolvo a Roberto González Bouzada, Jesús Luaces Davila, Ángel José Recenil López e Alberto Otero Roca, da falta inicialmente imputada sen que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil e declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación que se interporá no prazo de cinco días desde a súa notificación, perante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

O inserido anteriormente concorda ben e fielmente co seu orixinal transcrito ó que me remito, e para

que conste, para os efectos que procedan e para que lles sirva de notificación en forma ós denunciados José Jesús Luaces Davila e Alberto Otero Roca, en ignorado paradoiro, expido, asino e selo este edicto en Santiago de Compostela, o vintetrés de xuño de mil novecentos noventa e nove.

O secretario

Rubricado