Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 02 de agosto de 1999 Páx. 9.864

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (205/1998-01).

Eu, Elma Monzón Cuesta, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que neste xuízo de faltas sobre estafa, feito ocorrido en Santiago de Compostela o 20-6-1998, no que foron partes como denunciante Adolfo Santiago Domínguez Santos e como denunciada Marta Isabel Pérez Tri

viño, se dictou a seguinte sentencia que na súa resolución di como segue:

«Absolvo a Marta Isabel Pérez Triviño, respecto de responsabilidade penal polos feitos que se imputan.

Así, por esta miña sentencia, que será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpoñer recurso de apelación perante este xulgado para ante a Audiencia da Coruña, no prazo de cinco días desde a última notificación e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioa, mándoa e asínoa».

E para que conste e lle sirva de notificación á denunciada, Marta Isabel Pérez Triviño, en paradoiro descoñecido, expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o 28 de xuño de 1999.

A secretaria

Rubricado