Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 02 de agosto de 1999 Páx. 9.864

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 1999 pola que se resolve o concurso de libre designación para a provisión dun posto vacante no cadro de persoal funcionario de administración e servicios, convocado por Resolución do 4 de xuño de 1999.

Consonte o disposto na base 4 da Resolución do 6 de xullo de 1999 da Universidade de Santiago de Compostela pola que se convoca concurso de libre designación entre funcionarios para a provisión dun

posto vacante no cadro de persoal funcionario de administración e servicios desta universidade.

Rematado o prazo de presentación de instancias e á vista das solicitudes presentadas e logo do informe da xerencia.

Este rectorado, en uso das competencias que lle recoñece o artigo 18 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, da reforma universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la adxudicación do posto de traballo contido no anexo desta resolución.

Segundo.-O destino adxudicado será irrenunciable, agás que antes de remata-lo prazo de toma de posesión se obtivese outro destino mediante convocatoria pública, quedando obrigado o interesado, neste caso, a comunicarllo ó rectorado da Universidade de Santiago de Compostela no prazo de tres días.

Terceiro.-O prazo para tomar posesión do destino obtido será de tres días hábiles se o funcionario radica na mesma localidade, ou dun mes se radica en localidade distinta. O prazo de toma de posesión empezará a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir da publicación da presente resolución.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 1999.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Posto de traballo: Secretaría do rector.

Nivel: 18.

Grupo: C/D.

Apelidos e nome: Torre Míguez, José Daniel de la DNI: 33.270.870.