De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 7 de setembro de 1998 (BOE do 29 de setembro), para a provisión da praza número 98/059 de catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de ciencias morfolóxicas, do departamento de Mediciña desta universidade, a favor de Francisco Javier de Toro Santos, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos ós que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, de 26 de setembro.
Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 de la Ley 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Francisco Javier de Toro Santos catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de ciencias morfolóxicas, do departamento de Mediciña, desta universidade.
A Coruña, 9 de xullo de 1999.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña