Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 02 de agosto de 1999 Páx. 9.853

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 225/1999, do 15 de xullo, polo que se acepta a cesión a título gratuíto á Comunidade Autónoma de Galicia de dous inmobles, situados no termo municipal de Ribeira (A Coruña), con destino a residencia da terceira idade.

O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Ribeira, reunido en sesión que tivo lugar o día 22 de decembro de 1998, acordou cederlle á Comunidade Autónoma de Galicia dous inmobles, un, ou número 1 da rúa Romero Ortiz; e outro, ou número 8 das rúas Churruca e Portugal, no termo municipal de Ribeira (A Coruña), con destino a residencia da terceira idade.

Conforme os artigos 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma

galega, e 34 do seu regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda. Así mesmo, os artigos 23.1º da mesma lei e 38.1º do regulamento establecen que non se poderán adquirir bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor dos gravames, cargas ou afeccións impostos sobre eles exceda do seu valor intrínseco; aínda que non se consideran carga, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente ou doador.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos nos que o Concello de Ribeira acordou a cesión e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día quince de xullo de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión gratuíta de dous inmobles, situados no termo municipal de Ribeira (A Coruña), que a seguir se describen:

1. Inmoble número 1 da rúa Romero Ortiz, de propiedade municipal, duns 475 m de superficie; constituído por cinco oficinas independentes que se describen da seguinte forma:

Predio número 1: local en planta baixa, destinado a fins comerciais ou industriais, a un voo e sen divisións interiores; que ocupa a superficie útil aproximada de 389 m; e linda, segundo se mira desde a rúa Romero Ortiz: norte, por onde ten a súa entrada a devandita rúa e caixa de escaleira de acceso ás plantas superiores; oeste, edificación número 1 da rúa Portugal e portal e caixa de escaleira; leste, estrada; e sur, casa dos irmáns Pérez Colomer. Ten comunicación interior cos predios números 2 e 3.

Está inscrita no Rexistro da Propiedade de Noia, no tomo 820, libro 207, folio 54, predio nº 17.405, inscrición terceira.

Predio número 2: local na primeira planta alta, a un voo e sen divisións interiores, que poderá ser destinado a vivenda ou ben a fins comerciais ou industriais. Ocupa a superficie útil aproximada de 475 m; e linda, segundo se mire desde a rúa Romero Ortiz; norte, a devandita rúa e caixa de escaleiras; oeste, por onde ten a súa entrada, descanso da escaleira e edificación nº 1 da rúa Portugal; leste, estrada; sur, caixas de escaleira e ascensor e casa dos irmáns Pérez Colomer. Ten comunicación interior cos predios números 1 e 3, mediante escaleira.

Está inscrita no Rexistro da Propiedade de Noia, no tomo 820, libro 207, folio 56, predio nº 17.406, inscrición terceira.

Predio número 3: local na segunda planta alta, a un voo e sen divisións interiores, que poderá ser destinado a vivenda ou ben a fins comerciais ou industriais. Ocupa a superficie útil aproximada de 475 m; e linda segundo se mire desde a rúa Romero

Ortiz; norte, a devandita rúa e caixa de escaleiras; oeste, por onde ten a súa entrada, descanso da escaleira e edificación nº 1 da rúa Portugal; leste, estrada; sur, caixas de escaleira e ascensor e casa dos irmáns Pérez Colomer. Ten comunicación interior cos predios números 1 e 2, mediante escaleira.

Está inscrita no Rexistro da Propiedade de Noia, no tomo 820, libro 207, folio 58, predio nº 17.407, inscrición terceira.

Predio número 4: local na terceira planta, a un voo e sen divisións interiores, que poderá ser destinado a vivenda ou ben a fins comerciais ou industriais. Ocupa a superficie útil aproximada de 383 m; e linda segundo se mire desde a rúa Romero Ortiz; norte, a devandita rúa e caixa de escaleira; oeste, por onde ten a súa entrada, descanso da escaleira, terraza e edificación nº 1 da rúa Portugal; leste, estrada; sur, caixas de escaleira e ascensor, terraza e casa dos irmáns Pérez Colomer. É anexo deste predio a expresada terraza, duns 90 m.

Está inscrita no Rexistro da Propiedade de Noia, no tomo 820, libro 207, folio 60, predio nº 17.408, inscrición terceira.

Predio número 5: local na cuarta planta, destinado a vivenda, que ocupa a superficie útil aproximada de 370 m, cunha terraza tendedeiro de 23 m 50 dm. Distribúense en: recibidor, composto por vestíbulo, hall de distribución, zona íntima, composta de dormitorio principal e tres dormitorios máis, dous cuartos de baño e dous vestidores; zona de servicio composta por cociña, oficio, lavabo oficio, cuarto do ferro, dormitorio de servicio con capacidade para dúas camas, despensa e medio baño. Ocupa unha superficie útil aproximada de 370 m, e linda segundo se mire desde a rúa Romero Ortiz; norte, a devandita rúa e caixa de escaleira; oeste, por onde ten a súa entrada, descanso da escaleira, edificación nº 1 da rúa Portugal, e terraza anexa do predio nº 3; leste, estrada; sur, caixas de escaleira e ascensor, a devandita terraza e casa dos irmáns Pérez Colomer. É anexo desta vivenda o faiado situado na planta baixo cuberta, duns 370 m útiles.

Está inscrita no Rexistro da Propiedade de Noia, no tomo 820, libro 207, folio 62, predio nº 17.409, inscrición terceira.

2. Inmoble número 8 das rúas Churruca e Portugal, descritos da seguinte forma:

«Casa de planta baixa e primeiro piso, destinada a oficinas de almacén, número 8, construída no punto ou sitio coñecido por Picán ou rúa de Portugal, desta cidade, de 459,50 m a parte edificada e 44,80 m a parte axardinada que ten á fronte. A casa ten portas de entrada polo sur e polo oeste, e linda: sur, nunha lonxitude de 20,31 m, rúa Teruel, tendo na súa entrada un trozo de terreo destinado a patio ou xardín, que mide de largo 2,20 m por toda a lonxitude da devandita estrema e está pechado con enreixado de ferro; norte, casa de herdeiros de Manuel Fernández Colomer, hoxe máis do concello, en liña de 28,85 m; leste, ribeira-mar, en liña de 24,66 m, hoxe rúa; oeste, en liña de 15,85 m, rúa de Portugal».

Está inscrita no Rexistro da Propiedade de Noia, no tomo 942, libro 237, folio 182, predio 3.978(n), inscrición 7ª.

Artigo 2º

Os inmobles cedidos destinaranse a residencia da terceira idade.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documento público e á inscrición do ben no Rexistro da Propiedade a nome da Comunidade Autónoma.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade deste decreto.

Santiago de Compostela, quince de xullo de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda