Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Luns, 02 de agosto de 1999 Páx. 9.853

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 224/1999, do 15 de xullo, polo que se acepta a cesión a título gratuíto á Comunidade Autónoma de Galicia dun inmoble, sito na rúa Emilia Pardo Bazán, s/n, termo municipal de Allariz (Ourense), para as obras de adaptación do inmoble coñecido como Os Salesianos á LOXSE.

O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Allariz, reunido en sesión que tivo lugar o día 1 de xuño de 1999, acordou cederlle á Comunidade Autónoma de Galicia un inmoble, sito na rúa Emilia Pardo Bazán, s/n, no termo municipal de Allariz (Ourense), para as obras de adaptación do inmoble coñecido como Os Salesianos á LOXSE.

Conforme os artigos 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 34 do seu regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda. Así mesmo, os artigos 23.1º da mesma lei e 38.1º do regulamento establecen que non se poderán adquirir bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor dos gravames, cargas ou afeccións impostos sobre eles exceda do seu valor intrínseco; aínda que non se consideran carga, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente ou doador.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos nos que o Concello de Allariz acordou a cesión e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día quince de xullo de mil novecentos noventa e nove,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión gratuíta dun inmoble sito na rúa de Emilia Pardo Bazán, s/n, no termo municipal de Allariz (Ourense), que a seguir se describe:

-Urbano: soar, coñecido como Xardín, sito na rúa Emilia Pardo Bazán, sen número, desta vila de Alla

riz (Ourense), duns mil novecentos vinteún metros cadrados de superficie (1.921 m) o terreo. Ten un edificio construído na parte sur, que estrema coa estrada de Villacastín a Vigo, hoxe rúa Emilia Pardo Bazán, que ocupa unha superficie de mil trinta metros cadrados con sesenta e cinco centímetros cadrados, destinado a casa relixiosa de estudios, sendo o resto do predio accesorio e dependente del. Linda: norte, predio matriz e igrexa de San Pedro; sur, rúa de Emilia Pardo Bazán, antes estrada de Villacastín a Vigo; leste, instituto de educación secundaria; e oeste, resto predio matriz.

O predio matriz do que se segrega o ben cedido está inscrito no Rexistro da Propiedade de Allariz; no tomo 350, libro 84, folio 222, predio 7.834, inscrición 2ª.

Artigo 2º

O terreo cedido destinarase ás obras de adaptación do inmoble coñecido como Os Salesianos á LOXSE.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documento público e á inscrición do ben no Rexistro da Propiedade a nome da Comunidade Autónoma.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade deste decreto.

Santiago de Compostela, quince de xullo de mil novecentos noventa e nove.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda