Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 30 de xullo de 1999 Páx. 9.828

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación do servicio de mantemento do céspede do campo de xogo do estadio de Balaídos de Vigo.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Deportes, Patrimonio e Contratación. Nº de expediente: 12109/240.

2. Obxecto do contrato. Descrición: mantemento do céspede do campo de xogo do estadio de fútbol de Balaídos.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo do contrato: 4 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 4.900.000 ptas./ano (29.449,59 euros).

5. Garantías: provisional: dispensada.

Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n, 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas. Prazo: 26 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación que se vai publicar no BOP de Pontevedra e no DOG.

Documentación: a exisida na cláusula 10 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: tres meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: Secretaría Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n, 36202 Vigo.

Data e hora: o primeiro martes seguinte ó da data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposicións axustarase ó recollido na cláusula 10.4º do prego de condicións.

11. Gastos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 23 de xuño de 1999.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde