O Pleno da Corporación, en sesión que tivo lugar o día 20 de xullo de 1999, aprobou o expediente de contratación, mediante procedemento aberto, por concurso e por vía de urxencia, da subministración de material e maquinaria (actuacións con maquinaria) para a execución da obra denominada rede de sumidoiros Seara-Cexo, prazas Pitelos.
Así mesmo, o Pleno, na sesión de mesma data, aprobou o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán na contratación da mencionada subministración, o que se expón ó público polo prazo de 4 días hábiles contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou Diario Oficial de Galicia, para efectos de reclamacións.
Así mesmo, anúnciase o concurso aínda que a licitación se aprazará no caso de que se formulen reclamacións contra o dito prego.
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Pleno do Concello de Verea.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: subministración de material e maquinaria (actuacións con maquinaria) de acordo co proxecto técnico e a súa desagregación redactados polo enxeñeiro de camiños, canles e portos Manuel Durán Fuentes, para a realización da obra de rede de sumidoiros Seara-Cexo, prazas Pitelos.
b) Prazo da subministración: o que se estableza no contrato.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
O orzamento para a subministración de material e maquinaria (actuacións con maquinaria) ascende á cantidade de nove millóns oitocentas corenta e oito mil cento noventa e cinco (9.848.195) pesetas, IVE e demais gastos incluídos.
5. Garantías.
a) Provisional: 196.964 pesetas.
b) Definitiva: será do 4% do prezo de adxudicación do contrato.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Verea (Ourense) en horas das 9 ás 14, excepto sábados.
b) Domicilio: Carballo-Verea.
c) Localidade: Verea, código postal 32813.
d) Teléfono: 988 43 06 58 ou 988 43 06 00.
e) Fax: 988 43 06 59.
f) Data límite para a obtención de documentación e información: ata o último día do prazo para a presentación de proposicións.
7. Clasificación do contratista.
Non se esixe.
8. Presentación de proposicións.
a) Data límite: dentro dos 13 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG, excepto sábados.
Se o último día fose inhábil ou sábado, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a que se indica na cláusula 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: Concello de Verea.
9. Apertura de ofertas.
a) Entidade: Concello de Verea.
b) Hora e data: 17 horas do terceiro día hábil seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións.
Se coincidise en sábado ou día inhábil, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
Verea, 21 de xullo de 1999.
O alcalde
Rubricado