Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 30 de xullo de 1999 Páx. 9.828

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE DEFENSA

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 1999, da Xerencia de Infraestructura e Equipamento da Defensa, pola que se anuncia a poxa pública dunha propiedade do Estado-ramo de Defensa, denominada Edificio do Goberno Militar de Ferrol.

Sito na praza da Constitución de Ferrol (A Coruña). Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ferrol, folio 71 VTO, libro 114, tomo 625, predio nº 8752, inscrición 1ª.

Superficie segundo rexistro: 1.012 m. Superficie real ocupada polo predio: 737 m. Solo urbano. Sistema xeral de equipamento administrativo ADM-6.

Catalogado como edificio de interese histórico-artístico e arquitectónico, con protección integral e estructural.

Cantidade tipo mínima para a poxa: 244.500.000 ptas.

Foi declarada a súa desafectación e alienabilidade e posta ó dispor da Xerencia de Infraestructura e Equipamento da Defensa o 6 de abril de 1999.

Características físicas, técnicas e urbanísticas e uso da propiedade: as que figuran nos pregos que rexen para a poxa.

O acto de poxa terá lugar perante a mesa constituída para o efecto, na sede da Xerencia de Infraestructura e Equipamento da Defensa, r/ Princesa, 32 (entrada polo nº 36), o día 30 de setembro de 1999 (xoves), a partir das 9.30 horas.

Información e pregos de condicións: nas oficinas da Delegación da XIED en Galicia, r/ Costa da Palloza, nº 1-2º Esq., local 7, 15006 A Coruña e na Xerencia de Infraestructura e Equipamento da Defensa no domicilio antes indicado (teléfono 91 548 96 80) en horario de oficina.

Madrid, 21 de xullo de 1999.

P.D. (Orde 24/1999, BOE 24/1999)

Juan Antonio Miguélez Paz

Director xerente de Infraestructura e Equipamento da Defensa