Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 30 de xullo de 1999 Páx. 9.810

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (111/1999).

Francisco J. Pedreira Sánchez, secretario do Xulgado do social número dous de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado se seguen os autos arriba mencionados, promovidos por David Gago Rodríguez contra TGSS e outro, nos que se acordou citar por edictos o representante legal do demandado en paradoiro descoñecido, Ataúdes Compostela S.A., para que o día 4 de outubro, ás 10.05 horas, compareza na sala de audiencia deste xulgado co obxecto de prestar confesión xudicial, baixo apercibimento de que de non o facer poderá ser tido por confeso e que recaerán sobre el os prexuízos a que houber lugar en dereito.

E para que se publique no DOG e lle sirva de notificación, citación e requirimento ó representante legal do demandado en paradoiro descoñecido, Ataúdes Compsotela S.A., expido, selo e asino este edicto en Santiago de Compostela o 2 de xullo de 1999.

O secretario

Rubricado