Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 30 de xullo de 1999 Páx. 9.810

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 12 de xullo de 1999 do extravío do xustificante de depósito definitivo en metálico, 722/90, do 7 de agosto de 1990, que garante a Tabiques, S.L., para os efectos da expedición dun duplicado.

Producido o extravío do resgardo de depósito definitivo en metálico o 7 de agosto de 1990, co número de rexistro 722/90, polo importe de 122.129 pesetas, garantindo a Tabiques, S.L., formúlase requirimento oficial e público a aquela persoa ou entidade en poder da cal poida atoparse, para que o presente, sen máis demora, nesta Subdirección Xeral do Tesouro, de tal xeito que, se transcorrido o prazo de dous meses contado a partir da data de publicación deste anuncio non se presentara, se procederá sen máis trámite á extensión dun duplicado ó seu lexítimo propietario ou o seu representante formal e suficientemente acreditado, declarándose, nese mesmo acto, a anulación do exemplar orixinal extraviado, o cal non terá valor ningún nin poderá producir efecto ningún perante a Administración nin perante terceiros.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 1999.

P.A.

O subdirector xeral do Tesouro