Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 30 de xullo de 1999 Páx. 9.810

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (264/1998-J).

Dolores Vilar Hortas, xuíza accidental do Xulgado de Primera Instancia e Instrucción número uno de Padrón, en providencia do día da data acordou o sinalamento deste xuízo de faltas 264/1998, seguido por imprudencia con vehículos de motor, para o vindeiro día 22 de setembro de 1999, ás 12 horas. O secretario deste xulgado expide cédula de citación do teor literal seguinte:

«Por medio desta cédula e en virtude do acordado por Dolores Vilar Hortas, xuíza de instrucción, dictada neste día en xuízo de faltas 264/1998-J, cítase a Luis Loredo Rubiero para que, en concepto de denunciado sobre imprudencia con vehículos de motor, feito ocorrido o día 25 de maio de 1996 en Rois, compareza na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Tetuán s/n, o vindeiro 22 de setembro de 1999, ás 12 horas, co fin de asistir á realización do expresado xuízo de faltas, prevíndoo de que haberá comparecer cos medios de proba dos que intente valerse (testemuñas, documento, facturas, etc.) e de que, de non comparecer recaerán sobre el os prexuízos a que houber lugar en dereito. En Padrón o vintecinco de maio de mil novecentos noventa e nove».

E para que lle sirva de citación en forma ó denunciado, Luis Loredo Rubiero, que se atopa en ignorado paradoiro, expídese este edicto en Padrón o vintecinco de maio de mil novecentos noventa e nove.

A xuíza de instrucción

Rubricado

O secretario

Rubricado