Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 30 de xullo de 1999 Páx. 9.786

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 20 de xullo de 1999 pola que se anuncia a adxudicación de seis bolsas de colaboración en proxectos de investigación que se desenvolven no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, convocada por Orde do 24 de maio de 1999 (DOG número 105, do 3 de xuño).

Con base na proposta contida na acta da sesión que tivo lugar o día 19 de xullo de 1999 pola comisión seleccionadora para a adxudicación de sete bol

sas de colaboración en diversos proxectos de investigación que se van desenvolver no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, segundo a convocatoria anunciada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no DOG nº 105, do 3 de xuño de 1999, e de conformidade co establecido na base sexta da referida orde de convocatoria, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro.-Conceder seis bolsas de colaboración para os distintos proxectos de investigación que se desenvolverán no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, segundo se detallan no anexo I a esta resolución.

No caso de producirse algunha renuncia, procederase a adxudicárlle-la mencionada bolsa a outros candidatos de acordo coa relación de suplentes e que se inclúe no anexo desta resolución.

Segundo.-De acordo co establecido na base segunda da convocatoria, a asignación mensual das bolsas ás que se refire o punto anterior será de 122.000 ptas. mensuais, coa retención fiscal que corresponda, durante o período comprendido entre o 26 de xullo e o 31 de decembro de 1999.

Terceiro.-Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que resolveu, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Apelidos e nome dos bolseirosNIF

* Proxecto I: Lírica medieval.

Tobar Quintanar, Mª José33.284.134Y

Pérez Barcala, Gerardo36.101.816G

Suplentes:

Cordeiro Moledo, Carlos73.240.190W

Rosendo Fernández, Mª Sandra35.324.473S

* Proxecto II: Catalogación dos fondos bibliográficos do centro.

Novoa García, Mª Carmen35.550.421B

Suplente:

Prieto Bereijo, Ana María76.411.828D

* Proxecto III: Terminoloxía científico-técnica.

Souto García, Mª Belén33.283.563X

Suplente:

Sola Bravo, Mª José76.997.634M

* Proxecto IV: Museo pedagóxico de Galicia.

Fernández González, Manuel35.560.158L

Suplente:

Sanmartín Conde, Jorge Luis33.294.844K

* Proxecto V: Wordnet para o galego.

Deserta.

* Proxecto VI: Construcción dun sintetizador texto-fala en galego.

Álvarez Lebredo, Mª Concepción36.085.462A

Suplente:

Fraga Dorado, Ana Belén77.595.923H