Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Venres, 30 de xullo de 1999 Páx. 9.786

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 16 de xullo de 1999 pola que se resolve o concurso público convocado na Orde do 28 de xaneiro de 1999 (DOG do 8 de marzo), para a adxudicación de dúas bolsas para realizar estudios relacionados coa Unión Europea no Colexio de Europa en Bruxes.

Pola Orde do 28 de xaneiro de 1999 convocáronse dúas bolsas para realizar estudios en temas relacionados coa Unión Europea, no Colexio de Europa en Bruxes.

Na súa virtude, de acordo coa proposta elaborada pola comisión de selección e unha vez que o Colexio

de Europa en Bruxes confirmou a admisión dun dos candidatos seleccionado por ela,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Concederlle a David José González Fernández unha bolsa para realizar estudios de especialización en temas relacionados coa Unión Europea e o proceso de integración europeo, no Colexio de Europa con sede en Bruxes.

Artigo 2º

Declarar deserta a segunda bolsa convocada na Orde do 28 de xaneiro de 1999.

Artigo 3º

O importe da bolsa ascende a un total de 2.500.000 ptas. brutas, destinadas a:

a) O pagamento das taxas e estadía que será efectuada en nome do bolseiro pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria directamente no Colexio de Europa en Bruxes.

b) A cantidade restante ingresaráselle ó bolseiro nun só pagamento, en concepto de axuda institucional para gastos de desprazamento e seguro combinado de accidentes.

Artigo 4º

Contra esta disposición, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria