Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 29 de xullo de 1999 Páx. 9.774

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1999 pola que se anuncia o sometemento a información pública da petición de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento de augas con destino á producción de enerxía eléctrica no río Xallas, xunto co proxecto e estudio de avaliación ambiental do concurso AC/55/1998.

Neste organismo autónomo achegáronse varias peticións de outorgamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico dun tramo libre do río Xallas, presentada co proxecto das obras e instalacións e estudio ambiental correspondentes.

No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese a relación individualizada dos peticionarios dos aproveitamentos solicitados, onde figuran os datos máis relevantes que os definen, ademais dunha breve descrición das obras que se van executar, facendo constar, de se-lo caso, a petición de declaración de utilidade pública do aproveitamento para os efectos de expropiación forzosa, e a relación concreta na que se recollen os bens e/ou dereitos afectados cos seus propietarios. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo o dispón a lexislación vixente.

Con este anuncio, para lle dar cumprimento ó disposto nos artigos 109 do R.D. 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regulan a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométese de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, a petición e documentación técnica e ambiental que se trata en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións consideren procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que

se refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda -Edif. Advos. San Caetano, s/n. 15071. Santiago de Compostela- e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.

O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir da data da derradeira das publicacións que corresponden facer desta resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta ningún escrito.

Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Negreira (A Coruña).

Este trámite realízase igualmente para os fins do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, cando os titulares dos bens e/ou dereitos propostos polo peticionario sexan descoñecidos e así dirixir ó Ministerio Fiscal no seu momento as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos á súa disposición copia da petición e dos exemplares da documentación técnica e estudio ambiental para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:

Proxectos das obras constitutivas do aproveitamento:

-Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Edif. Advos. San Caetano, s/n. 15071-Santiago de Compostela.

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Os Feáns, 1-3. 15706 Santiago de Compostela.

Estudio de efectos ambientais.

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Os Feáns, 1-3. 15706 Santiago de Compostela.

-Delegación provincial de Medio Ambiente da Coruña: Praza de Luis Seoane, s/n.-15008 A Coruña.

-Concello de Negreira: r/ Carmen, 3-15830 Negreira (A Coruña).

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente de Augas de Galicia

ANEXO

Relación de peticionarios

Peticionario e promotor: Hidroeléctrica del Arnoya, S.L.

Enderezo: Cantón Grande, nº 6-6ºA. 15003 A Coruña.

Representante: Francisco Salazar Mitchell.

Denominación do aproveitamento: aproveitamento hidroeléctrico no regato Xallas.

* Os aspectos máis destacados son:

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal de deseño: 2.200 l/sg.

Corrente de derivación: río Xallas (cota do vertedoiro: 163).

Corrente de restitución: río Xallas (cota de finalización: 40).

Desnivel (salto ocupado): 123 m.

Altura do azude: 8 m (entre a coroación e o punto máis baixo de superficie xeral de alicerces).

Potencia xerador: 2.300 kVA.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: concello de Negreira (A Coruña).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Azude e obra de toma.

O azude proxectado vai situado uns 600 m augas abaixo da vila de Devesa, é de gravidade con cota de contacto co leito 160 e cota de escorredoiro 163. A lonxitude do escorredoiro é de 10 m. Dotarase dun desaugadoiro de fondo, gobernado por unha comporta manual. Na marxe esquerda situouse unha escala de peixes.

Para a toma de augas haberá unha fiestra no azude na súa marxe dereita ata desembocar no encanamento de derivación.

Como acceso ó azude aproveitarase a estrada que pasa por Devesa e cruza o regato Xallas, acondicionando o tramo existente de terra ata o azude.

Encanamento forzado.

O encanamento forzado remata na central, é de aceiro ó carbono e a súa lonxitude total é de 1.700 m, cun diámetro de 1.100 mm e espesura de 6-8 mm. Irá soterrada.

Central.

O edificio terá unhas dimensións en planta de 16,4mx14,1m e aloxará os equipos electromecánicos. Como acceso aproveitarase un camiño de terra que parte de Insua e chega ata a desembocadura do regato Xallas no río Tambre.

Equipos electromecánicos.

Instalarase unha turbina Pelton, de eixe vertical, para un caudal de equipo de 2.200 l/sg, velocidade nominal de 600 rpm e potencia en eixe de 2.065 kW.

Á turbina acoplaráselle un xerador síncrono-trifásico, de potencia 2.300 kVA e tensión 6.000 V.

O transformador será trifásico, cunha potencia de 2.600 kVA, e unha relación de 15-20 kV±2.5±5/6000 V.

Ademais situaranse diversos equipos auxiliares.

* Afeccións.

Non se efectuou a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento.

* Estudio de efectos ambientais.

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.

Peticionario e promotor: Hidroatlántico, S.L.

Enderezo: r/ Comandante Barja, 8, 7ºC-15004 A Coruña.

Representante: José Manuel Hermida-Cachalvite Mangana e Jacobo Couceiro Molina.

Denominación do aproveitamento: central hidroeléctrica no regato Xallas.

* Os aspectos máis destacados son.

Obxecto: producción de enerxía eléctrica.

Caudal de deseño: 2.200 l/sg.

Corrente de derivación: regato Xallas (cota do escorredoiro: 163).

Corrente de restitución: regato Xallas (cota de finalización: 32).

Desnivel (salto ocupado): 131 m.

Altura do azude: 7 m (entre a coroación e o punto máis baixo de superficie xeral de alicerces).

Potencia xerador: 2.197 kW.

Termo municipal onde radica a toma e demais obras: concello de Negreira (A Coruña).

* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:

Azude e obra de toma.

O azude proxectado é de gravidade con cota na base de 158 e cota de escorredoiro de 163. A lonxitude da coroación é de 34,65 m, e a do escorredoiro de 14 m. O perfil é tipo Creager.

Para a toma de augas practícase unha fiestra no azude na súa marxe dereita ata desembocar no encanamento de derivación. Existe previamente un limparreixas automático e unha válvula de regulación.

Encanamento de conducción.

Desde o bocal da toma ata as turbinas. É de aceiro, cun diámetro de 1.200 mm e un espesor de 8 mm nos primeiros 350, e de diámetro 1.000 mm e espesor 6,9 mm nos 1.415,5 m restantes.

Central.

Ten unhas dimensións en planta de 20,25 m por 9,7 m e situarase na marxe dereita da desembocadura do regato Xallas no río Tambre. Interiormente a altura libre será de 7 m. A súa estructura é de formigón armado. A cuberta será de fibrocemento e tella e os cerramentos exteriores en bloque de formigón rebocado con morteiro de cemento branco.

Equipos electromecánicos.

Na casa de máquinas do aproveitamento proxéctanse os seguintes equipos electromecánicos:

-Turbina Pelton de potencia 2.288 kW, con velocidade de rotación de 428 rpm e caudal de 2.200 l/sg.

-Xerador síncrono acoplado á turbina, de potencia 2.441 kVA, tensión 6.000 V e velocidade sincrónica 428 rpm.

-Transformador trifásico de 2.500 kVA de potencia e relación 20.000±2.5±5/6.000 V.

-Equipos auxiliares.

* Afeccións.

Efectúase a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalación para os fins da necesaria expropiación forzosa e/ou imposición de servidumes que sexan procedentes, os que de seguida se indican:

Concello de Negreira: polígono nº 030: parcelas 282 a 286, 321, 388, 392 a 410. Polígono nº 513: parcelas 708 e 709.

* Estudio de efectos ambientais.

Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.