Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 29 de xullo de 1999 Páx. 9.773

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CORRECIÓN de erros.-Resolución do 29 de xuño de 1999, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, con procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación da consultoría e asistencia para redacción dun modelo matriz de control da calidade total na xestión e implantación a 60 centros colaboradores de formación ocupacional homologados e inscritos no censo de centros colaboradores dependente da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, aplicando o modelo europeo de calidade total na xestión para o sector de centros educativos ou formativos non universitarios.

Detectado o erro na citada resolución, publicada no DOG nº 126, do venres 2 de xullo de 1999, é necesario face-la oportuna correción: no sumario, na línea 6ª, onde di: «contratación de consultoría e asistencia para a redacción dun modelo», debe dicir: «contratación do servicio para a redacción dun modelo».