Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 29 de xullo de 1999 Páx. 9.776

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 1999 pola que se fixa a data para proceder ó pagamento dos bens e dereitos que se precisan ocupar no ámbito da unidade de actuación UE-4 do PERI do núcleo histórico de Ourense, para a construcción de VPO de réxime xeral, prazas de garaxe subterráneas e ordenación do espacio público que se xera.

O expediente de expropiación forzosa que se instrúe dos bens e dereitos que se precisan ocupar no ámbito da unidade de actuación UE-4 do PERI do núcleo histórico de Ourense, para a construcción de VPO de réxime xeral, prazas de garaxe subterráneas e ordenación do espacio público que se xera, foi aprobado conforme o artigo 145 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, pola Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda con data do 18 de maio de 1999. De conformidade co establecido no artigo 146.1º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, o acordo de aprobación definitiva de expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados.

Na súa virtude, acorda que Xestión Urbanística de Ourense, S.A., beneficiaria da expropiación, en cumprimento do disposto no artigo 38 da Lei 6/1998, do 13 de abril, de réxime do solo e valoracións, o artigo 146.2º e 3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, o artigo 202 e seguintes do Regulamento de xestión urbanística aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, e artigo 48 e seguintes do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957, proceda a verifica-lo pagamento ou, se é o caso, consignación dos prezos xustos dos bens e dereitos afectados, o día 6 de setembro de 1999, ás 9 horas, do predio nº 1 ata o predio nº 12 e, o mesmo día, ás 16.30 horas, do predio nº 13 ó predio nº 23.

Ó devandito acto convócase:

PREDIOPROPIETARIO

ARRENDATARIOS

OUTROS DEREITOS

IMPORTE (PTAS.)

1FRANCISCO CERVIÑO CASANOVA11.493.932

1GONZALO ALONSO MÉNDEZ (ARRENDATARIO)2.260.550

2JOSÉ RAMÓN FERNÁNDEZ MARTÍNEZ

MANUEL RODRÍGUEZ VÁZQUEZ

ETELVINO SILVA NÓVOA

ISOLINA VÁZQUEZ BOÁN (1ª PLANTA)

ARRENDATARIOS

ROSALÍA LORENZO PEREIRA (2ª PLANTA)

ARRENDATARIA

8.978.632

1.641.750

1.641.750

3LUIS E MARÍA DE LAS VICTORIAS ÁLVAREZ RODRÍGUEZ

56.639.768

4ÁNGEL E ANTONIO BARREIROS SOTO6.802.089

5EMILIO DELGADO SALGADO3.755.557

6MANUEL MARTÍNEZ COUGIL

CONCEPCIÓN MARTÍNEZ COUGIL

Mª CARMEN MARTÍNEZ COUGIL

MÓNICA MARTÍNEZ IGLESIAS

(ARRENDATARIA)

13.573.733

0

7JENSARICO VÁZQUEZ CID653.252

8JOSÉ FERNÁNDEZ PÉREZ

SERAFINA GONZÁLEZ BLANCO

3.377.685

PREDIOPROPIETARIO

ARRENDATARIOS

OUTROS DEREITOS

IMPORTE (PTAS.)

9JOSÉ VÍCTOR FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ756.551

10MILAGROS RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ

SERAFÍN RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ

1.193.832

11MANUEL BLANCO DÍAZ

MILAGROS BLANCO DÍAZ (USUFRUCTO)

2.343.075

12MARÍA FERNÁNDEZ TERRAZOS3.860.545

13MANUELA SANTOS CUQUEJO

CONCEPCIÓN RODRÍGUEZ SANTOS

2.448.205

14CELSO GRANDE SANTO

MANUELA SANTOS JARDÓN

(CARGA) CAIXA DE AFORROS PROVINCIAL DE OURENSE

2.991.359

14BFELISINDO ÁLVAREZ GÓMEZ

MARÍA FERNÁNDEZ SOUSA

JOSÉ ÁLVAREZ SEARA

CONCEPCIÓN DIÉGUEZ SEIJO

JOSÉ REY PÉREZ

CARMEN NÚÑEZ ÁLVAREZ

1.874.558

15RAIMUNDO REINOSO PÉREZ

MARÍA PURIFICACIÓN DONIZ FEIJOÓ

(CARGA) BANCO GALLEGO, S.A.

2.727.281

15BARTURO MARTÍNEZ TOUZA

ANTONIA VISPO TAÍN

1.712.291

16CARMEN E OLGA GONZÁLEZ CASTRO1.828.708

17JOSÉ VILLAR RODRÍGUEZ2.964.285

18MIGUEL GARCÍA FERRÓN

CELIA MOSQUERA VARELA (ARRENDATARIA)

4.560.253

1.641.750

19MANUEL RODRÍGUEZ VELO

PURIFICACIÓN FERNÁNDEZ REINOSO

2.739.446

20PILAR RODRÍGUEZ IGLESIAS

JOSÉ RODRÍGUEZ IGLESIAS

TERESA RODRÍGUEZ IGLESIAS

JOSÉ ACEVEDO TEIJEIRA

4.358.094

21EVENCIO FERNÁNDEZ OROZCO

DOLORES RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ

AUGUSTO VÁZQUEZ VÁZQUEZ

CAMILA LOSADA DE DIOS

7.284.063

22EVENCIO FERNÁNDEZ OROZCO

DOLORES RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ

AUGUSTO VÁZQUEZ VÁZQUEZ

CAMILA LOSADA DE DIOS

5.245.759

23JULIO PRIETO, S.L.12.597.131

O pagamento efectuarase no salón de actos do Concello de Ourense polo pagador, Xestión Urbanística de Ourense, S.A., en presencia do alcalde, o secretario do concello e o representante da Administración.

O que se fai público para xeral coñecemento, advertindo que o pagamento se fará a aqueles interesados que acheguen certificación rexistral ó seu favor, na que conste terse estendido a nota do artigo 32 do Regulamento hipotecario ou, no seu defecto, presenten os títulos xustificativos do seu dereito, completados por certificación negativa do Rexistro da Propiedade referidas ó mesmo predio descrito en tales títulos, conforme o artigo 205 do Regulamento de xestión urbanística aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto.

Non se admitirá representación se nón é por medio de poder debidamente autorizado, xa sexa xeral, xa sexa particular para este caso, debendo presenta-la documentación necesaria para acredita-la sucesión no caso de ser herdeiros; así mesmo, os comparecentes deberán identificarse co documento nacional de identidade ou, no seu lugar, polo coñecemento directo que testifiquen o alcalde ou secretario do concello.

Notifíqueselle-la resolución a tódolos titulares dos bens e dereitos que figuran no expediente, e publí

quese este acordo no DOG, no BOP e no taboleiro de edictos do concello. A publicación desta resolución serviralles de notificación ós propietarios descoñecidos, dos que se ignore o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar. Todo isto de acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999 de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 14 de xaneiro de 1999).

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 1999.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo