Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 29 de xullo de 1999 Páx. 9.762

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO SEIS DA CORUÑA

EDICTO (417/1998).

Eu, Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número seis da Coruña e do seu partido, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo sobre alimentos provisionais, número 417/1998, seguidos neste xulgado, se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Vistos por María José González Movilla, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número seis dos da Coruña e o seu partido xudicial, estes autos de xuízo verbal civil, número 417/1998, sobre alimentos provisionais, promovidos por instancia de Miguel Ángel Villasuso Pajón e María Marta Villasuso Pajón, representados polo procurador Vilariño García, asistidos polo letrado Freire Beceiro, contra José Villasuso Gómez, en situación de rebeldía neste procedemento.

Decido que estimando parcialmente a demanda formulada pola representación de Miguel Ángel Villasuso Pajón e María Marta Villasuso Pajón, contra José Villasuso Gómez, debo condenar e condeno o demandado a aboar a cada un dos demandantes, en concepto de alimentos provisionais, que se devengará desde a data de interposición da demanda, a cantidade de 15.000 pesetas mensuais, pagadeiras por mensualidades anticipadas dentro dos cinco primeiros días de cada mes, suma que será incrementada anualmente conforme a porcentaxe de variación que experimente o índice de prezos ó consumo fixado polo Instituto Nacional de Estatística ou o organismo que o substitúa; todo iso sen facer expreso pronunciamento en custas».

E para que conste e lle sirva de notificación a José Villasuso Gómez, expido, selo e asino este edicto na Coruña o 29 de xuño de 1999.

A secretaria

Rubricado