Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 29 de xullo de 1999 Páx. 9.762

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 1999 pola que se anuncia a publicación das listas definitivas de admitidos e excluídos ó proceso selectivo para a contratación laboral con carácter indefinido de persoal da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos e do lugar e a data de realización da proba teórico-práctica.

Primeiro.-De conformidade coas bases da convocatoria do proceso selectivo, anúnciase que as listas definitivas de admitidos e excluídos ó proceso selectivo e a indicación do lugar e a data de realización das probas teórico-prácticas estará exposta desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de anuncios da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos, na súa sede en Avda. Rodríguez de Viguri, 47, baixo B, Santiago de Compostela.

Segundo.-Os candidatos deberán comparecer ás probas provistos do documento nacional de identidade e das ferramentas de traballo seguintes:

-Calculadora alfanumérica.-Bolígrafos.

Terceiro.-A lista de aprobados e suspensos na proba teórico-práctica será publicada pola comisión de selección no taboleiro de anuncios da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos, sinalando o lugar e a data na que se realizarán as entrevistas persoais.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 1999.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente da comisión de selección