Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 29 de xullo de 1999 Páx. 9.746

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 28 de maio de 1999, da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, pola que se resolve o concurso público para a concesión de bolsas para estadías no estranxeiro e en centros españois fóra da Comunidade Autónoma, convocado no anexo VI da Orde do 18 de xaneiro de 1999 (DOG do 25 de xaneiro), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de bolsas correspondentes ás accións do programa de promoción xeral da investigación do Plan Galego de IDT e se procede á súa convocatoria.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no DOG nº 108, do 8 de xuño de 1999, cómpre proceder á súa rectificación:

Na páxina 7.078, o enunciado da disposición de que se trata, onde di:

«Resolución do 28 de maio de 1999, da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, pola que se resolve o concurso público para a concesión de bolsas para estadías no estranxeiro e en centros españois situados fóra da Comunidade Autónoma, convocado no anexo VI da Orde do 18 de xaneiro de 1999 (DOG do 13 de febreiro)...».

Debe dicir:

«Resolución do 28 de maio de 1999, da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, pola que se resolve o concurso público para a concesión de bolsas para estadías no estranxeiro e en centros españois situados fóra da Comunidade Autónoma, convocado no anexo VI da Orde do 18 de xaneiro de 1999 (DOG do 25 de xaneiro)...»

Na páxina 7.079, no cadro do Anexo, respecto ó Centro de destino ó que debe desprazarse o bolseiro Castiñeira Castro, Víctor Manuel, onde di:

-Centro de destino: Archivo Museo Don Álvaro de Bazán.

Cidade-País: Ciudad Real (España).

Debe dicir:

-Centro de Destino: Arquivo Museo Don Álvaro de Bazán Archivo Xeral de Simancas.

Cidade-País: Ciudad Real (España) Valladolid (España).

Na páxina 7.080, respecto ó centro de destino ó que debe desprazarse o bolseiro Santamaría Estepar, Pedro Óscar, onde di:

-Centro de destino: Institute of Freshwater Ecology.

Cidade-País: Ambleside-Reino Unido.

Debe dicir:

-Centro de destino: Port Erin Marine Laboratory (Universidade de Liverpool).

Cidade-País: Port Erin, Isle of Man (Reino Unido).

Na páxina 7.081, respecto á cidade á que ten que desprazarse a bolseira Varela Liñares, Rosa María onde di:

-Cidade-País: Schelling-Alemaña.

Debe dicir:

-Cidade-País: Munich (Alemaña).