Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 29 de xullo de 1999 Páx. 9.746

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 1999, da Inspección Xeral de Servicios, pola que se nomea director do VI Curso para a obtención do diploma de inspección de servicios da Xunta de Galicia.

Por Orde do 6 de maio de 1992 (DOG nº 88, do 11 de maio), regúlase o diploma de inspección de servicios e nel establécese que para o desempeño dos postos de traballo de inspectores e subinspectores de servicios, será requisito necesario estar en posesión do diploma de inspección de servicios expedido pola Escola Galega de Administración Pública.

Segundo dispón o artigo 2 da citada orde, para obte-lo diploma de inspección de servicios será necesario seguir con resultado favorable o curso que periodicamente convoque para o efecto a Escola Galega de Administración Pública, engadindo o artigo 5 que o director do curso será nomeado polo director xeral da Inspección Xeral de Servicios.

Convocado por Resolución do 28 de xuño de 1999 (DOG nº 133, do 13 de xullo de 1999) o VI Curso para a obtención do diploma de inspección de servicios da Xunta de Galicia,

RESOLVO:

Nomear director do VI Curso para a obtención do diploma de inspección de servicios da Xunta de Galicia a Luis Etchevarría Ariznabarreta.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 1999.

Jaime Bouzada Romero

Director xeral da Inspección Xeral de Servicios