Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 26 de xullo de 1999 Páx. 9.625

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADEO

ANUNCIO.

En cumprimento do disposto no artigo 44.3º da Lei do solo de Galicia, faise público que por resolución da Alcaldía, do 15 de xullo de 1999, foi aprobado inicialmente o proxecto de urbanización presentado por Promociones Julio y Anselmo, C.B. para un sector da rúa 1-2 prevista no PXOU.

Durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, as persoas interesadas poderán examina-lo expediente nas oficinas municipais e presentar, se é o caso, as alegacións que consideren convenientes.

Ribadeo, 15 de xullo de 1999.

José Carlos Rodríguez Andina

Alcalde