Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 26 de xullo de 1999 Páx. 9.625

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Redondela (Pontevedra).

b) Dependencia: Negociado de Urbanismo, Vías e Obras.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: execución das obras comprendidas no proxecto técnico de pavimentación da rúa Telmo Bernárdez.

b) Lotes: non.

c) Lugar de execución: Redondela (Pontevedra).

d) Prazo de execución: 4 meses. No suposto de que o prazo abranga anualidades 1999-2000, nos prazos parciais terase obrigatoriamente en conta que antes do día 10 de decembro de 1999 deberase executar e certificar obra por importe non inferior ó 50% do seu custo.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 12.542.240 ptas.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% tipo de licitación.

b) Definitiva: 4% tipo de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Redondela (Negociado de Urbanismo, Vías e Obras).

b) Domicilio: Alfonso XII, 2.

c) Localidade e código postal: Redondela. CP 36800.

d) Teléfono: 986 40 03 00.

e) Telefax: 986 40 38 94.

f) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Acreditar solvencia económica, financeira e técnica.

8. Presentación das ofertas.

a) Prazo: 26 días naturais contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia. Se o último

día do prazo cadrase en sábado ou inhábil entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

Entidade: Concello de Redondela (secretaría xeral).

Domicilio: Alfonso XII, 2.

Localidade e código postal: Redondela-36800.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 20 días naturais contados desde o seguinte ó da apertura das ofertas recibidas.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura ofertas.

a) Entidade: Concello de Redondela.

b) Domicilio: Alfonso XII, 2.

c) Localidade: Redondela.

d) Data: o día seguinte hábil, non sábado, ó do remate do prazo para presentación de ofertas.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

O modelo de proposicións axustarase á clausula 12ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Redondela, 20 de xullo de 1999.

Xaime Rei Barreiro

Alcalde