Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 26 de xullo de 1999 Páx. 9.626

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBAS DE SIL

ANUNCIO.

Por resolución da Alcaldía aprobáronse os pregos de condicións particulares para a contratación das obras incluídas no PIEL/99.

Obra: saneamento e abastecemento de auga en varios núcleos de poboación.

Orzamento E.C.: 6.213.810 ptas.

Prazo de execución: 4 meses.

Obra: acceso e servicio barrio Pumares.

Orzamento E.C.: 8.765.000 ptas.

Prazo de execución: 3 meses.

As obras adxudicaranse por concurso, procedemento aberto e tramitación urxente.

Os pregos de condicións expóñense ó público polo prazo de catro días para efectos de exame e presentación de reclamacións. Coa excepción do disposto no artigo 122.2º do R.D. 781/1986, do 18 de abril, anúnciase a licitación das devanditas obras, para que os interesados presenten as súas propostas no prazo de 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do último anuncio no DOG e no BOP.

No BOP publicarase extracto da convocatoria da licitación.

Miguel Ángel Sotuela Vega

Alcalde