Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 26 de xullo de 1999 Páx. 9.622

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 1999, da Xerencia do Hospital da Costa de Burela, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, da subministración sucesiva de gasas e compresas estériles.

A Dirección de Xerencia do Hospital da Costa de Burela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), convoca expediente de contratación polo sistema de concurso público e procedemento aberto:

CP 7/1999, dividido en 4 lotes:

Lote 1: compresa de 50x50 con contraste (estéril). Lote 2: compresa de 50x50 sen contraste (estéril). Lote 3: gasa de 20x40 sen contraste (estéril). Lote 4: gasa de 20x40 con contraste (estéril).

Orzamento.

Lote 1: 1.520.000 ptas.(un millón cincocentas vinte mil ptas.) 9.135,348 euros.

Lote 2: 1.260.000 ptas.(un millón duascentas sesenta mil ptas.) 7.572,753 euros.

Lote 3: 4.200.000 ptas. (catro millóns duascentas mil ptas.) 25.242,508 euros.

Lote 4: 150.000 ptas. (cento cincuenta mil ptas.) 901,518 euros.

1. Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31-12-1999 con posibilidade de prórroga por anos naturais.

2. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Subministracións do Hospital da Costa, teléfono 982 58 99 56 e fax 982 58 99 86, durante o prazo de admisión de proposicións.

3. Admisión de variantes: admitiranse ata 3 variantes que, respectando o obxecto do contrato e o orzamento máximo autorizado, incorporen para a prestación da subministración solucións alternativas ás definidas nas prescricións técnicas.

4. Solvencia económica e financeira: acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo I do prego.

5. Solvencia técnica: acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo II do prego.

6. Criterios de adxudicación:

Calidade dos artigos: ata 40 puntos.

Prezo: ata 40 puntos.

Prazo de entrega: 20 puntos.

7. Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional do 2% do orzamento de licitación

Lote 1: (30.400 ptas., 182,708 euros). Lote 2: (25.200 ptas., 151,455 euros).

Lote 3: (84.000 ptas.,504,850 euros). Lote 4: (3.000 ptas., 18,030 euros).

A dita fianza constituirase segundo o disposto no artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

8. Clasificación: non se esixe.

9. Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro do Hospital da Costa de Burela antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó Hospital da Costa a remisión da oferta mediante télex ou telegrama no mesmo día.

10. Apertura de proposicións: a apertura de proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital da Costa ás 11 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

11. Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Anuncios: o pagamento dos anuncios deste concurso público será por conta dos adxudicatarios do contrato.

Burela, 28 de xuño de 1999.

Jesús Santiago Ares Martínez

Director xerente do Hospital da Costa de Burela