Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 26 de xullo de 1999 Páx. 9.623

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BECERREÁ

ANUNCIO de licitación de obra pública.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Becerreá.

2. Obxecto do contrato.

a) Proxecto de: Avda Instituto tramo inicial.

b) Lugar de execución: Becerreá.

c) Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento base de licitación. 8.903.832 pesetas.

5. Garantías:

Provisional: 178.076 pesetas. Están exentos os licitadores con clasificación empresarial.

Definitiva: 4% do orzamento de contrata.

6. Obtención de documentación e información.

Concello de Becerreá. Avda. Madrid número 2-Código postal 27640. Becerreá (Lugo) teléfono 982 36 00 04.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Solvencia económica-financeira e técnica: acreditarase de conformidade co establecido na cláusula 7.1, 7.2 e 7.3 do prego.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da derradeira publicación.

b) Documentación que hai que presentar:

A proposición presentaranse en dous sobres pechados.

Sobre A, subtitulado oferta económica que deberá formularse conforme o medelo que figura como anexo II do prego.

Sobre B, subtitulado personalidade xurídica e xustificantes. Conterá a documentación a que se refiren as bases 11.2 do prego de condicións económico-administrativas particulares.

Lugar de presentación: Concello de Becerreá. Avda. Madrid número 2.

O prazo en que o licitador estará obrigado a mante-la oferta: un mes desde que remate o prazo de presentación.

9. Apertura de plicas: no salón de sesións da Casa do Concello de Becerreá, ás doce horas do cuarto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario tódolos gastos que por este motivo se devenguen.

Becerreá, 20 de xullo de 1999.

Antonio Fernández Pombo

Alcalde-presidente