Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 26 de xullo de 1999 Páx. 9.621

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 1999, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para as subministracións sucesivas de equipamento electromédico, moblaxe clínica e de oficina con destino ó Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos de Ferrol. (SCS-37/1999). (20 lotes).

1. Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde-Servicio de Subministracións, Mantemento e Instalacións (División de Recursos Económicos), edificio administrativo San Caetano, bloque 2, planta 2ª en Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 27 67 Fax 981 54 27 62.

2. Modalidade de adxudicación: concurso público.

3. a) Lugar de entrega da subministración: Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos de Ferrol.

b) Natureza e cantidade dos productos que se deban subministrar: adquisición de equipamento electromédico, moblaxe clínica e de oficina. (20 lotes).

Orzamento total: sesenta e sete millóns cincocentas corenta e cinco mil seiscentas ptas., IVE incluído (67.545.600 ptas., IVE incluído) 405.957,23 euros.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: cada licitador poderá presentar proposicións individuais por unicamente algún dos lotes da subministracións e proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de tres.

4. Prazo de entrega eventualmente imposto: prazo de entrega máximo: trinta días desde a petición.

5. a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicita-los documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 19 de agosto de 1999.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 26 de agosto de 1999.

b) Enderezo á que deben dirixirse: ver punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas para asistiren á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da apertura: terá lugar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

8. Fianzas e garantías esixidas:

Provisional:

Licitando ós vinte lotes: 1.350.912 ptas. (8.119,14 euros).

Ver anexo III para garantía provisional de cada lote.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Forma xurídica que deberá adopta-la a agrupación de provedores: ver artigo 24 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter ecónomico e técnico que deberá reuni-lo provedor: acreditarase por algún dos documentos sinalados no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares para a dita contratación.

No caso dos productos sanitarios, a solvencia técnica acreditarase mediante declaración responsable do cumprimento da lexislación vixente, en especial no R.D. 414/1996, do 1 de marzo, (marcado CE, conforme a directiva 89/336CE ou 93/42CE e xunto co número de identificación do organismo notificado, con excepción nos productos da clase I).

No caso doutros productos que non precisen axustarse ó establecido no citado real decreto, a solvencia técnica acreditarase mediante algún dos documentos sinalados no anexo II do prego, xunto cunha declaración responsable do licitador relativa á non aplicabilidade.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 1999.

13. Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato:

1. Composición e características técnicas dos equipos ofertados: ata 35 puntos.

2. Características do servicio técnico e mantemento dos equipos: ata 25 puntos.

3. Grao de cumprimento da normativa vixente: ata 15 puntos.

4. Prezo dos equipos ofertados: ata 15 puntos.

5. Outros valores engadidos (cumprimento ISO 9000, inclusión de características non esixidas nos pregos de prescricións técnicas, etc.): ata 10 puntos.

14. Se é o caso, prohibición das variantes.

15. Información complementaria.

16. Data da publicación no Diario Oficial d las Comunidades Europeas.

17. Data de envío do anuncio: 5 de xullo de 1999.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidade Europeas (reservado OPOCE).

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 1999.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos