Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 26 de xullo de 1999 Páx. 9.612

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

EDICTO do 17 de febreiro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a admisión definitiva do permiso de investigación Raposo, 4877.

A Delegación Provincial de Ourense dá a coñecer que Autoexportación Riveiro, S.L., con domicilio en r/ Rosalía de Castro, s/n, Carballeda de Avia (Ourense), presentou nesta delegación provincial, o 18 de decembro de 1998, instancia-solicitude do permiso de investigación Raposo nº 4877, de 40 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental nos concellos do Carballiño e O Irixo (Ourense) e ó que lle correspondeu o nº 4877 da provincia de Ourense.

A designación do terreo é a seguinte:

LongitudeLatitude

Vértice 18º 07' 00''42º 31' 40''

Vértice 28º 05' 20''42º 31' 40''

Vértice 38º 05' 20''42º 29' 00''

Vértice 48º 07' 00''42º 29' 00''

A solicitude foi admitida definitivamente, agás mellor dereito, e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que calquera que se considere afectado interpoña reclamación no prazo de 15 días hábiles nesta delegación provincial; pasado o prazo non se admitirá ningunha oposición.

Ourense, 17 de febreiro 1999.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense