Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 26 de xullo de 1999 Páx. 9.612

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 221/1998).

Declarados de urxente ocupación os bens e deitos afectados pola instalación da liña eléctrica aérea a 20 kV con orixe na L.M.T. a C.T. Igrexa, centro de transformación e rede de baixa tensión no lugar de Igrexa-Vilaboa, no termo municipal de Valdo

miño, (expediente 221/1998), por resolución desta delegación provincial do 8 de abril de 1999, a favor da entidade beneficiaria Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio en Avda. de Arteixo, nº 171, 15007 da Coruña.

Esta delegación acorda sinala-lo día 18 de agosto de 1999 para o levantamento das actas previas á ocupación de conformidade cos artigos 52 da Lei expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens e dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Valdoviño, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 21-8-1998, no BOP do 28-7-1998 e no xornal La Voz de Galicia do 16-7-1998, acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que lles practicará notificación individual sinalándoselle-los horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 23 de xuño de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña