Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 21 de xullo de 1999 Páx. 9.451

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 1999 pola que se notifica a resolución do expediente sancionador de montes MV-167/98-C.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a resolución do dito expediente por infracción da Lei de montes do 8 de xuño de 1957.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 109 e 116 da Lei 30/1992 citada, poderá interpoñer recurso de reposición, con carácter potestativo perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses de acordo co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa, ou exercer calquera outro que considere pertinente.

2. O importe da sanción e mais o da indemnización deberán ser ingresados no prazo de quince días hábiles contados desde o seguinte a aquel en que a resolución sexa firme na conta nº 2091.0388.90.3110001181 de

recadación de multas e sancións que a Xunta de Galicia ten aberta na Caixa de Galicia, poñéndolle de manifesto que de non face-lo ingreso dentro do referido prazo, se procederá ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Para efectualo, deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nas delegacións da Consellería de Medio Ambiente e nas oficinas da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, sita en San Lázaro s/n en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 1999.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

ANEXO

Expediente sancionador: MV-167/98-C.

Artigo infrinxido: 411 do Regulamento de montes.

Contía da sanción: novecentas mil (900.000) pesetas.

Contía da indemnización: novecentas mil (900.000) pesetas.

Denunciado: José Segade Pose.

DNI: 33.108.775

Último enderezo coñecido: A Boliña.- 15930 - Boiro (A Coruña).