Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 21 de xullo de 1999 Páx. 9.451

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución do expediente sancionador I-308/1997 e un máis (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a resolución do dito expediente, por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais e o seu Regulamento do 23 de decembro.

O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria ó número de conta 2091-0388-90-3110001181 da Caixa de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do

día seguinte ó desta publicación, conforme o Real decreto 1398/93, do 4 de agosto (BOE do 9) e unha vez producida a firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso ordinario dentro do prazo. De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo dun mes poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Pontevedra, 18 de xuño de 1999.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

ExpedienteDenunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoPreceptosSanción
InfrinxidoSancionador

I-308/97José L. Comesaña Fernández.

Pedreira, 41.

Sto. André de Comesaña-Vigo.

Abandono dun vehículo en zona forestal.Artigo 137 e) do regulamento da LIF.Artigo 139 do regulamento da LIF.50.000 ptas.
I-295/98Manuel Penedo Rouco.

Hostal La Paz.

36380 Gondomar.

Queima en época de máximo perigo.Artigo 138 a) do regulamento da LIF.Artigo 139 do regulamento da LIF.30.000 ptas.