Neste organismo autónomo Augas de Galicia achegáronse as peticións de outorgamento de concesión e autorización administrativas para a instalación dun aproveitamento hidroeléctrico con potencia nominal de ata 5.000 kVA dun tramo libre do río Mainzoso, presentada cos proxectos das obras e instalacións e estudio medioambiental correspondentes.
No anexo que se inclúe máis abaixo transcríbese a relación individualizada por peticionarios dos aproveitamentos solicitados, onde figuran os datos máis relevantes que os definen, ademais dunha breve descrición das obras que se van executar, facendo constar, de se-lo caso, a petición de declaración de utilidade pública do aproveitamento para os efectos de expropiación forzosa, e a relación concreta na que se recollen os bens e/ou dereitos afectados cos seus propietarios. Tamén se fai mención da clase de estudio ambiental achegado polo promotor, logo da cualificación do proxecto do aproveitamento, segundo o dispón a lexislación vixente.
Co presente anuncio, para dar cumprimento ó disposto nos artigos 6 do R.D. 916/1985, do 25 de maio, en concordancia co artigo 2.1º do dito R.D. 916/1985 segundo a redacción establecida polo R.D. 249/1988, do 18 de marzo; e 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, que regulan a avaliación dos efectos ambientais para Galicia, sométese de forma simultánea, unha vez rematadas as actuacións de comprobación e de remisión ás consellerías e organismos competentes por razón da materia dos documentos presentados, ó trámite de información pública, no uso das facultades conferidas polo Decreto 63/1997, do 14 de marzo, a petición e documentación técnica e ambiental que se trata en concreto no anexo para os efectos do seu coñecemento xeral, co fin de que aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren afectadas nos seus dereitos poidan formular, por escrito, cantas alegacións, observacións, suxestións e reclamacións consideren procedentes (indicando a clave do concurso sinalada no
encabezamento e o proxecto ou estudio do peticionario ó que se refiran), persoalmente ou por medio do seu representante con poder suficiente, perante o rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Edif. Advos. San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela, e dentro do prazo improrrogable de vinte (20) días hábiles.
O prazo comezará a contarse e entenderase aberto a partir da data da derradeira das publicacións que corresponden facer da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña. Transcorrido o dito período de tempo non se admitirá nin se terá en conta escrito ningún.
Para os expresados efectos, este anuncio, ademais da súa inserción nos diarios oficiais mencionados, será obxecto de exposición ó público no taboleiro de anuncios das casas dos concellos de Coirós e Paderne (A Coruña).
Este trámite realízase igualmente para os fins do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, cando os titulares dos bens e/ou dereitos propostos polo peticionario sexan descoñecidos, e así dirixir ó Ministerio Fiscal no seu momento as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.
Os que se consideren interesados terán para os devanditos efectos informativos á disposición copia da petición e dos exemplares da documentación técnica e estudio ambiental para que poidan ser examinados, nos días e horas habituais de oficina, nas seguintes dependencias administrativas:
-Proxectos das obras constitutivas do aproveitamento e das instalacións electromecánicas da central, subestacións de transformación e liñas de media e baixa tensión:
* Servicios centrais do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico de Augas de Galicia: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Edif. Advos. San Caetano, s/n, 15071 Santiago de Compostela.
* Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Industria e Comercio: Edif. Advos. Monelos-praza de Luis Seoane, 1ª planta-15008 A Coruña.
* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Feáns, 1-3, 15706 Santiago de Compostela.
-Estudio de efectos ambientais do proxecto de Aprenar, S.L.:
* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Feáns, 1-3, 15706 Santiago de Compostela.
* Delegación Provincial de Medio Ambiente da Coruña: praza de Luis Seoane, s/n, 15008 A Coruña.
* Concello de Paderne: Consistorio, 10-15314 Paderne (A Coruña).
* Concello de Coirós: Coirós de Arriba, 16, 15316 Coirós (A Coruña).
-Estudio de efectos ambientais do proxecto de Alberto Gómez Díaz:
* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Medioambiental: r/ Feáns, 1-3, 15706 Santiago de Compostela.
* Delegación Provincial de Medio Ambiente da Coruña: praza de Luis Seoane, s/n, 15008 A Coruña.
* Concello de Paderne: Consistorio, 10-15314 Paderne (A Coruña).
Santiago de Compostela, 2 de xuño de 1999.
Agustín Hernández Fernández de Rojas
Presidente do organismo autónomo Augas
de Galicia
ANEXO
Relación de peticionarios
Peticionario e promotor: Aprenar, S.L.
Enderezo: r/ Beado, 43, A Rocha Vella, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).
Representante: Jesús María Fernando Díaz Vázquez.
Denominación do aproveitamento: central hidroeléctrica de Mainzoso.
* Os aspectos máis destacados son:
-Obxecto: producción de enerxía eléctrica.
-Caudal de deseño: 525 l/sg.
-Corrente de derivación: río Mainzoso (cota normal de embalse: 102).
-Corrente de restitución: río Mainzoso (cota de finalización: 6).
-Desnivel (salto bruto): 96 m.
-Altura do azude: 2 m (altura sobre fondo de cimentación).
-Potencia xerador: 450 kVA.
-Termo municipal onde radica a toma e demais obras: concellos de Coirós e Paderne (A Coruña).
* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:
-Azude e obra de toma:
O azude será de gravidade de planta recta e altura de 2 m sobre fondo do cimentación. A coroación, de cota 102 e lonxitude 8 m, actuará como labio vertente en toda a súa lonxitude. O volume encorado será duns 109 m.
Na marxe esquerda arrinca a conducción, despois dun elemento desareador e rebosadeiro.
Disporase unha escala de peixes.
* Conducción de derivación:
A conducción de derivación está formada por un tubo de fibrocemento de diámetro 70 cm, cunha lonxitude de 470 m, soterrado ata chegar á cámara de carga.
* Cámara de carga e tubería forzada:
A cámara de carga é de formigón armado e de aquí parte a tubería forzada, que será de aceiro ó carbono, cun diámetro interior de 700 mm, con lonxitude de 270 m. O espesor previsto é de 6 mm.
* Central:
A central estará nun edificio de tipo convencional, con dimensións en planta 14x8, no que se aloxarán os equipos electromecánicos.
* Equipos electromecánicos:
A turbina será do tipo Pelton de eixe horizontal, cunha potencia nominal de 402,7 kW e unha velocidade de 600 rpm.
O alternador será síncrono, cunha potencia de 450 kVA, unha tensión de 6,6 kV e unha frecuencia de 50 Hz.
Completa o equipamento un transformador de potencia de 500 kVA a 6,6/20 kV.
Ademais situaranse diversos equipos auxiliares.
* Afeccións:
Efectuouse a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento, sendo os bens e/ou dereitos afectados polas obras e instalación para os fins da necesaria expropiación forzosa, os que a seguir se indican cos seus propietarios:
Concello: Paderne
predio afectada
(m)
Polígono Nº
Propietario Superficie
24 12 Remedios Purriños Ron 79
24 11 Antonio Pena Sanave 79
24 10 Antonio Serantes García 53
24 9 David Vázquez Maía 483
24 8 Maite Medín Moraño 105
24 7 Descoñecido 95
24 6 Vicente Pardo Ares 105
24 41 Josefa Vidal Maceira 79
24 42 Francisco Vidal Maceira 131
24 45 Antonio Serantes García 53
24 44 María Dorinda Cal Díaz 26
24 17 Andrés Fernández Rico 53
24 1.771 Evangelina Rico Vilar 53
24 1.780 Descoñecido 289
24 1.781 Jorge López Echevarría 315
24 1.796 Rosa Orgueira Purriños 79
24 1.724 José Antonio Purriños Maceira 95
24 1.800 Mª Flora Campos Cal 221
24 1.799 Jesús Miño Purriños 105
24 801 Genoveva Orgueira Purriños 63
24 1.798 José López Echevarría 105
24 1.763 Jorge López Echevarría 32
24 1.761 Antonio Penas Penas 5
24 1.760 Descoñecido 79
24 1.759 Sara Teijo Blanco 105
24 1.758 Antonio, Pedro e Vicente Cal 158
24 1.757 Bentanzos Correderas 105
24 1.756 Rosa Orgueira Purriños 273
24 1.756 Rosa Orgueira Purriños 538
predio afectada
(m)
Polígono Nº
Propietario Superficie
24 1.755 Teijeiro Nogerol Luciano e outro 286
20 570 Ares Castro Carlos e outros 1.008
20 695 Descoñecido 67
20 586 Descoñecido 672
Concello: Coirós
predio afectada
(m)
Polígono Nº
Propietario Superficie
502 150 Estrada Espiño, Mª Dolores 252
502 149 Sánchez San, Martín Lucía 50
502 144 Descoñecido 218
3 242 Golpe Eduardo Hros. 168
3 241 Roel Fraga, Jesús Ángel 168
3 255 Darriba Carro, Antonio 84
3 252 Estrada Cagiao, Juan 92
3 254 Estrada Espiño J. Manuel 101
3 253 Roel Rafales, José e outros 84
3 234 Barreiro Pérez, Ramona 134
3 233 Descoñecido 185
3 231 Mata Francisco Hros. 151
3 230 Gómez Caramés, Dolores 185
3 227 Bertón, José Mª 168
3 208 Teijo Blanco, Lucía 420
3 226 Estrada Cagiao, José 134
3 209-a Cortes Beade, José 370
3 209-b Cortes Beade, José 168
502 127 Teijeiro Blanco, Lucía 370
502 269 Roel Rafales, José e outros 353
502 268 Crespo Ferreño, Julio 420
502 266 Vázquez Díaz, Antonio 252
502 2.050 Acción González, José 168
502 248 Baleiro Barros, Víctor 420
502 252 Tomé Tourón, José Manuel 218
502 250 Noche López, Rosario 420
502 234 Edreira Maceira, Lourdes 252
* Estudio de efectos ambientais:
Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.
Peticionario e promotor: Alberto Gómez Díaz
Enderezo: r/ Ramón Cabanillas, 2, 2ºD, 15300 Betanzos (A Coruña).
Representante: Alberto Gómez Díaz.
Denominación do aproveitamento: aproveitamento hidroeléctrico O Batán.
* Os aspectos máis destacados son:
Obxecto: producción de enerxía eléctrica.
Caudal máximo derivado: 510 l/sg.
Corrente de derivación: río Mainzoso (cota aliviadoiro: 112).
Corrente de restitución: río Mainzoso (cota de restitución: 10).
Desnivel (salto bruto): 102 m.
Altura do azude: 3,5 m (altura sobre fondo de cimentación).
Potencia xerador: 500 kVA.
Termo municipal onde radica a toma e demais obras: concello de Paderne (A Coruña).
* Breve descrición das características principais das obras e instalacións:
Azude e obra de toma:
O azude será de gravidade, á cota de leito 110, situando o vertedoiro á cota 112. A lonxitude total do azude será de 10 m.
A captación de augas efectuarase pola marxe dereita, dispoñendo antes un flotador, unha rella de protección, un limparrellas automático e comportas de peche, seguidos dunha cámara de sedimentación.
O acceso ó azude efectuarase desde a estrada que une Velón e Vilamourel, mediante un desvío de 20 m.
Tubería forzado:
O tubo vai todo soterrado e será de aceiro ó carbono, cun diámetro de 700 mm, e cunha lonxitude aproximada de 1.000 m. O espesor previsto é de 6 mm.
Central:
A central, con dimensións en planta 10x7, e altura á parte inferior dos cimbros de 6 m., terá paredes de formigón con enfoscado liso e cuberta de lousa a dúas augas.
Para o acceso á central construirase un camiño de 500 m, desde o camiño que pasa por Fonte Batán.
Equipos electromecánicos:
A turbina será do tipo FRANCIS de eixe horizontal, cunha velocidade nominal de 750 r.p.m. e un caudal de deseño de 510 l/sg.
O xerador será síncrono trifásico, con potencia en bornas de 500 kVA, velocidade síncrona de 1.000 r.p.m. e tensión 6 kV.
Tamén haberá outros equipos auxiliares.
* Afeccións:
Non se efectuou a solicitude de declaración de utilidade pública do aproveitamento.
* Estudio de efectos ambientais:
Este documento presentouse conforme a normativa aplicable.