Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 21 de xullo de 1999 Páx. 9.446

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 1999, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, pola que se modifica a composición da comisión de valoración prevista na Resolución do 20 de xaneiro de 1998 pola que se convoca concurso público para a adxudicación de novas oficinas de farmacia.

Como consecuencia das circunstancias que concorren nalgún dos membros integrantes da comisión de valoración do concurso público para a adxudicación de novas oficinas de farmacia, resulta necesario proceder a modifica-la súa composición.

Na súa virtude, esta secretaría xeral

DISPÓN:

Primeiro.-O cesamento dos seguintes membros da comisión de valoración prevista na base IV da resolución desta secretaría xeral, do 20 de xaneiro de 1998, pola que se convoca concurso público para adxudicación de novas oficinas de farmacia:

Membros titulares:

Secretario: Carlos Somoza Quintero, anteriormente xefe de sección da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Vocal: Mª José Dorribo Gude, xefa de sección do Servicio de Planificación e Ordenación Sanitaria da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo.

Membros suplentes:

Secretaria: Susana Cornado González, xefa de negociado da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Segundo.-Nomea-los seguintes membros en substitución dos cesantes:

Membros titulares:

Secretaria: Mª José Pérez Dafonte, xefa do Servicio Técnico-Xurídico da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Vocal: Gemma Cordero Gavela, xefa de sección do Servicio de Planificación e Ordenación Sanitaria da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense.

Membros suplentes:

Secretario: Eduardo Mato Montero, xefe de sección da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 1999.

Manuel Antonio Silva Romero

Secretario xeral da Consellería de Sanidade

e Servicios Sociais