Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 21 de xullo de 1999 Páx. 9.446

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 22 xuño de 1999, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de recursos ordinarios dos expedientes sancionadores (C-0206/1997 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, a resolución dos recursos ordinarios dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG do 27 de maio), de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo dun mes contado a partir do seguinte ó da publicación desta cédula, para que poidan examina-los expedientes na Delegación Territorial da Coruña da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (Ramón y Cajal, 1-Casa do Mar, 5ª planta-A Coruña), e presenta-lo recurso correspondente.

Nº de expediente: C-0206/97.

Denunciado: José Ángel Muñiz Paz.

Domicilio: Ameixida-Ribeira.

Sanción: vintecinco mil unha pesetas (25.001).

Recurso ordinario presentado o día: 27-4-1998.

Resolución do recurso ordinario: desestimatoria, confirmando a sanción de vintecinco mil unha pesetas (25.001).

Nº de expediente: C-0261/97.

Denunciado: Pablo Terrio Sánchez.

Domicilio: Fonte do Bao, 1ª Puerta 4 A-Boiro.

Sanción: vintecinco mil unha pesetas (25.001).

Recurso ordinario presentado o día: 7-5-1997.

Resolución do recurso ordinario: desestimatoria, confirmando a sanción de vintecinco mil unha pesetas (25.001).

Nº de expediente: C-1592/97.

Denunciado: Jesús Angel López Barral.

Domicilio: Ponte de Caranza, Port. E-4º D-Ferrol.

Sanción: cincuenta mil pesetas (50.000).

Recurso ordinario presentado o día: 13-4-1998.

Resolución do recurso ordinario: desestimatoria, confirmando a sanción de cincuenta mil pesetas (50.000).

Nº de expediente: C-2317/97.

Denunciado: Julio Vázquez Fraga.

Domicilio: Polígono Elviña, 2ª fase, Bl. 2, portal 6-2º Esq.-A Coruña.

Sanción: trinta mil pesetas (30.000).

Recurso ordinario presentado o día: 30-4-1998.

Resolución do recurso ordinario: desestimatoria, confirmando a sanción de trinta mil pesetas (30.000).

A Coruña, 22 de xuño de 1999.

María J. Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña