Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Beade-Monte nº 11.
Situación: Vigo.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 333 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 7 da L.M.T. ó C.T. Portoloureiro ata ó C.T. que se proxecta en Monte nº 11 Beade, concello de Vigo. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T., subterránea, a 60 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 8 de xuño de 1999.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra