Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 21 de xullo de 1999 Páx. 9.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 1999 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, das asistencias técnicas de clave N/LU/97.10 e catro máis.

a) Asistencias técnicas.

1. Asistencia técnica ás expropiacións da obra de acondicionamento da estrada LU-124. Treito: Cruz da Cancela-Riotorto.

Clave: N/LU/97.10.

Orzamento: tres millóns cincocentas cincuenta mil trescentas cincuenta e catro pesetas (3.550.354).

Prazo de execución: 12 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase de conformidade co artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos:

-Que o contratista dispón do equipo técnico e humano preciso para a realización dos traballos, segundo as especificacións que se conteñen no prego de prescricións técnicas.

-O adxudicatario deberá ter experiencia en expropiación de estradas.

Acreditarase conforme o disposto no artigo 19 a) e b) da LCAP.

Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación co especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

2. Asistencia técnica ás expropiacións da obra de acondicionamento da estrada AC-433. Treito: A Pereira-Corneira.

Clave: N/AC/91.3.3.1.

Orzamento: tres millóns duascentas cincuenta mil trescentas vintecatro pesetas (3.250.324).

Prazo de execución: 12 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase de conformidade co artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos:

-Que o contratista dispón do equipo técnico e humano preciso para a realización dos traballos, segundo as especificacións que se conteñen no prego de prescricións técnicas.

-O adxudicatario deberá ter experiencia en expropiación de estradas.

Acreditarase conforme o disposto no artigo 19 a) e b) da LCAP.

Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación co especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

3. Asistencia técnica ás expropiacións da obra de acondicionamento da estrada LU-131. Treito: Lourenzá-Cruz da Cancela.

Clave: N/LU/91.19.

Orzamento: catro millóns setecentas cincuenta mil catrocentas setenta e catro pesetas (4.750.474).

Prazo de execución: 12 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase de conformidade co artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos:

-Que o contratista dispón do equipo técnico e humano preciso para a realización dos traballos, segundo as especificacións que se conteñen no prego de prescricións técnicas.

-O adxudicatario deberá ter experiencia en expropiación de estradas.

Acreditarase conforme o disposto no artigo 19 a) e b) da LCAP.

Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación co especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

4. Asistencia técnica ás expropiacións da obra de enlace da LU-101 coa C-536.

Clave: N/OU/96.4.

Presupuesto: dous millóns oitocentas mil duascentas setenta e nove pesetas (2.800.279).

Prazo de execución: 12 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase de conformidade co artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos:

-Que o contratista dispón do equipo técnico e humano preciso para a realización dos traballos, segundo as especificacións que se conteñen no prego de prescricións técnicas.

-O adxudicatario deberá ter experiencia en expropiación de estradas.

Acreditarase conforme o disposto no artigo 19 a) e b) da LCAP.

Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación co especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

5. Asistencia técnica ás expropiacións da obra de acondicionamento da estrada Rozas-Abadín. Treito: Momán-Moncelos.

Clave: N/LU/92.2.2.

Orzamento: tres millóns duascentas mil trescentas dezanove pesetas (3.200.319).

Prazo de execución: 12 meses.

A solvencia económica e financeira acreditarase de conformidade co artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas.

A solvencia técnica ou profesional xustificarase mediante os seguintes extremos:

-Que o contratista dispón do equipo técnico e humano preciso para a realización dos traballos, segundo as especificacións que se conteñen no prego de prescricións técnicas.

-O adxudicatario deberá ter experiencia en expropiación de estradas.

Acreditarase conforme o disposto no artigo 19 a) e b) da LCAP.

Achegaranse copias autenticadas do persoal consultor en relación co especificado no prego de prescricións técnicas particulares.

(Declaradas urxentes consonte o artigo 72 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións haberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 del Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación ás once horas do día dezanove de agosto (19) na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

g) Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre 1), segundo se especifica no punto 1.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

Dentro do contrato está incluída a publicación dos anuncios no BOP que correspondan legalmente, segundo se especifica no punto 8 do prego de prescricións técnicas particulares.

h) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 1999.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda