Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 21 de xullo de 1999 Páx. 9.442

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 23 de xuño de 1999, do Servicio de Informes e Recursos da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00143-I-1999).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por este motivo iniciáronse cos números que se indican os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegaren por escrito perante este Servicio de Informes e Recursos o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento admi

nistrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 23 de xuño de 1999.

Alberto Eiras Martínez

Xefe do Servicio de Informes e Recursos

e instructor

ANEXO

Expediente: DX-00143-I-1999.

Matrícula: C-5753-BW.

Denunciante: 3326014268 A7286.

Denunciado: José Ramón Lago Pajón.

Último enderezo coñecido: Avda. As Conchiñas, 3. 1511 A Coruña.

Feito denunciado: realizar transporte de mercadorías (paquetería) co vehículo de 2 eixes matrícula C-5753-BW que está en posesión dunha autorización MDL-territorial. O citado vehículo ten un PMA de 3.500 kg e presenta un peso total en báscula (xúntase ticket) de 4.500 kg, o que supón un exceso do 28,5% sobre o PMA. 13-4-1999, 11.46, N-550, 19.

Precepto infrinxido: artigo 200.3º do R.D. 1211/1999.

Precepto sancionador: 143 Lei 16/1987, 201 R.D. 1211/1990.

Sanción proposta: 50.000 ptas.

6498