Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 21 de xullo de 1999 Páx. 9.439

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 1999, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se somete a información pública expediente de modificación concesional (ampliación de tráficos) do servicio público regular permanente de uso xeral de transportes de viaxeiros por estrada: V-7032; XG-406, A Coruña-Vila de Cruces, con anexos.

Ó abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de modificación concesional (ampliación de tráficos) mediante a incorporación do tramo Mesía-Cardeiro, como anexo da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-7032; XG-406, A Coruña-Vila de Cruces, con anexos, da titularidade da empresa Gómez de Mesía, S.L.

Os interesados ou afectados no expediente poderán presentarse no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes da Coruña (estación de autobuses) efectua-las alegacións que consideren oportunas no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 1999.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes